¡Oferta!

A Xénese

84,86 27,00

Detalles

Dimensiones 22 × 30 cm
ISBN

978-84-938946-3-4

Nº páginas

184

Año publicado

2011

Autor

Fray Luis de Oseira

Xoán Manuel Neira Pérez

Este é un gran proxecto de ilustración da Biblia paso a paso. Preséntanse 450 ilustracións a cada paso do texto, que interpretan de forma fehaciente e artística o texto en todos os seus sentidos. En 250 ilustracións, as ideas principais do libro da Xénese móstrannos a experiencia relixiosa de Israel, que nos transmite a imaxe dun Deus creador que abre o camiño de salvación para o home por medio da Promesa, a Bendición e a Alianza. A historia da salvación que se nos ofrece non é unha historia de pecado e condena. O acontecemento salvífico desenvolvido na historia de Israel é unha secuencia continuada de Promesa e Bendición que se desenvolve nas historias dos patriarcas Abrahán, Isaac, Xacob e Xosé. A historia de Abrahán é a historia dun home depositario da bendición de Deus. A bendición de Deus ao ser humano reflectido na xenealoxía de Adán e continuada en Noé e os seus fillos, e que adquire toda a súa forza narrativa en Abrahán ao prefigurar a mención á humanidade enteira por ser pai de todos os crentes. Xacob é considerado na Sacra Escritura como o xusto guiado pola sabedoría ou como o herdeiro das promesas feitas a Abrahán e Isaac. Con estas premisas podemos descubrir no desenvolvemento da historia de Xacob un certo itinerario semellante á experiencia vivida polo pobo de Israel na saída de Exipto no libro do Éxodo. Finalmente a historia de Xosé móstranos como esa Bendición e Promesa insérense nos plans de Deus. Nos plans de Deus todo está ordenado a un fin e todo chega á súa meta. Nada que faga o home pode impedir que se cumpra a Promesa de Deus. O propio Deus guía de forma sabia aos elixidos que son tocados co seu dedo, como o caso de Xosé, que contempla e descobre como o proxecto de Deus segue o seu camiño a pesar das vicisitudes que se lle impón.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.