Este é un gran proxecto de ilustración da Biblia paso a paso. Preséntanse 450 ilustracións a cada paso do texto, que interpretan de forma fehaciente e artística o texto en todos os seus sentidos. Na longa tradición do libro ilustrado dos medievais Beato de Liébana e Beato de Tábara, Frei Luis de Oseira, en 250 ilustracións, desde o recollemento e soidade da súa cela do Mosteiro de Oseira (Ourense) devolve ó mundo de hoxe o libro de A Apocalipse; e faino a través de imaxes fieis á letra do Texto Sacro pero alusivas ós problemas de hoxe. Frei Luis sente na súa intimidade e desde os abertos muros do mosteiro a “dentada” da indignación ante a complicidade de ideoloxías e poderes (consumo, idiotismo nos mass media, etc.) que calculadamente xogan coa humanidade e van minando a conciencia dos homes, especialmente os mozos. Pero sente tamén as últimas rabexadas do Dragón vencido ante un Jesús triunfante sentado á mesa do máis puro e o máis pobre.
¡Oferta!
A Apocalipse
89,85€ 27,00€
Agotado
Detalles
Dimensiones | 22 × 33 cm |
---|---|
ISBN | 978-84-938946-4-1 |
Nº páginas | 256 |
Año publicado | 2011 |
Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.