Derradeiras vontades II

50,00€
Descripción: 

Derradeiras Vontades II José Barroso Castro y Xoán Manuel Neira Pérez GALLAECIA,

4 ~ ARTE MAIOR_ensaio

ISBN 978-84-938946-7-2 (del Tomo II);

ISBN 978-84-938946-5-8 (de la obra).

500 págs.

PVP 129,80 € (Precio por los dos volúmenes, no se venden por separado)

PROMOCIÓN ESPECIAL POR COMPRA EN WEB 50 € (IVA incl., precio por los dos volúmenes, no se venden por separado)

Tapa dura: 17, 7 x 24, 7 cm

Publicación: octubre, 2011.

A morte no mundo actual ou ben se esconde ou ben é unha especie de mors subitanea e express que ten que pasar canto antes. Pola contra, na Idade Media a morte é un feito natural e cotián. O autor aborda neste estudo o feito da morte no contexto galego da vila de Noia na Idade Media e na Idade Moderna. Ofrécesenos nos máis de 60 documentos notariais que manexa o autor un círculo da comunicación con tres partes ben diferenciadas: gremios de Noia, clérigos da Confraría da Concepción de Noia, notarios. Son documentos de derradeiras vontades con doazóns a cambio de misas de aniversario pola salvación da alma do dóante. Os estudosos que trataron o tema da morte na Idade Media (Chiffoleau, Vovelle, Ariès) estudan o tema das últimas vontades desde termos transaccionais e económicos O autor deste volumen pensan que os estudosos esquecen que a cultura medieval é unha cultura netamente relixiosa. Os homes da Idade Media constrúen a súa vida e a súa morte "diante de Deus". Precisamente estes clérigos ocupáronse da morte e poden ser chamados clérigos da morte. Eran homes de igrexa dedicados ao coidado de enfermos e a rezar pola salvación das almas dos seus fieis. Unha socioloxía fría e atenta aos datos, prefire mirar as doazóns desde un punto de vista de transacción económica ou de egoísmo persoal, coma se o que doa quixese comprar o máis aló. Pero tanto clérigos como gremios, como notarios vivían nunha cultura relixiosa onde a conciencia vén xulgada e examinada por un Deus misericordioso. Este estudo ten a virtude de presentar 9 unidades didácticas ao redor da morte medieval; están preparadas de forma sistemática e a conciencia. Son 9 ferramentas fundamentais para a formación dos mozos nun mundo actual onde é moi necesaria a formación e o estudo.

<<atrás